miércoles, 28 de octubre de 2015

Xoguetes






Dende a ANPA “A Xanela” do Ceip  Plurilingüe de Seixalbo, contando coa colaboración do centro,  propómosvos unha iniciativa: invitámosvos a traer xoguetes que non utilicen os vosos fillos e que consideredes que están en bo estado para que poidan ser aproveitados polos nenos do colexio nos momentos de ocio. Moitas veces, temos xoguetes na casa sen darlle uso e esquecidos. Deste  xeito, podémoslle sacar partido utilizándoos no colexio con fins educativos. A recollida faguerase de 14 a 14:15, de 15 a 16 e de 16 a 17:15 na Secretaria do Centro.
Grazas pola vosa colaboración.


A Directiva da ANPA “ A Xanela”.

1 comentario: