Dende a ANPA “A Xanela” do
Ceip Plurilingüe de Seixalbo, contando coa colaboración do centro,
propómosvos unha iniciativa: invitámosvos a traer xoguetes que non
utilicen os vosos fillos e que consideredes que están en bo estado para que
poidan ser aproveitados polos nenos do colexio nos momentos de ocio. Moitas
veces, temos xoguetes na casa sen darlle uso e esquecidos. Deste xeito,
podémoslle sacar partido utilizándoos no colexio con fins educativos. A
recollida faguerase de 14 a 14:15, de 15 a 16 e de 16 a 17:15 na Secretaria do
Centro.
Grazas pola vosa colaboración.
A Directiva da ANPA “ A Xanela”.
Moi boa idea!!!
ResponderEliminar