Deixámosvos
unha breve explicación das actividades deste ano para os que non puidestes
asistir a reunión:
Pintura (Belén): Licenciada en Historia con cursos de Arte na
Escola Faílde. Profesora de pintura neste centro en anos anteriores con moi boa
acollida.
Inglés creativo: Rita: Diplomada en maxisterio, premio extraordinario de carreira, conta con
numerosos cursos e formación relacionada coa relaxación, concentración, e
técnicas de estudo. Leva varios anos desenrolando esta actividade noutros
centros, de forma exitosa. Este ano seguirá as mesmas pautas pero
engadindo o inglés a esta actividade
Multideportes e futbol sala: Camilo/Diego: Ourense Club de Futbol, desenrolan actividades
para nenos máis pequenos con traballos de psicomotricidade nos que sempre prima
que os nenos se divirtan, o mesmo ocorre co futbol, non se busca unha
profesionalidade, se non que os nenos o pasen ben, mentres practican deporte
aprendendo a divertirse e traballar en equipo.
Artattack (Activa): Manualidades basadas no programa televisivo
do mesmo nome, entretido, divertido, desenrolando a psicomotricidade fina e a
capacidade creativa dos nenos.
Storytelling (Activa): Dirixida ós nenos máis pequenos do colexio.
Cóntanse pequenas historias en inglés, adaptadas ás idades dos nenos, e facendo
que comprendan o idioma a través da asociación, da mímica e da entonación das
palabras, tal e como se aprende unha lingua materna, de un modo divertido e
entretido os nenos van interiorizando o inglés a través de este modo de aprendizaxe.
Xadrez (Activa): Potencia
o desenrolo cognitivo dos nenos facendo que pensen de forma estratéxica facendo
que potencien a súa capaciade de concentración, razonamento, planificación,
visión espacial… Comezase con movementos moi básicos e vaise avanzando ata
rematar unha partida
Circo&magia (Activa): técnicas e xogos malabares, globoflexia,
mimo, maquillaxe de circo… Maxía: Trucos e ilusionismo con cartas, pañuelos,
cordas e un largo etc… Que introduce ós nenos nun mundo de fantasía.
Cociña (Activa): Nesta actividade os nenos aprenderán qué é o
que comen, manexarán os alimentos realizando todo o proceso da receta.
Familializaranse co entorno da cociña e cos seus utensilios. Ademáis de todo
isto, os nenos aprenden destrezas básicas, seguir indicacións, coñecer os
ingredientes das comidas, e a educación culinaria desde idades temperás,
fomenta os hábitos de comida saudables, e unha actitude de igualdade de xénero.
*Dado que
surxiu algún caso no que se nos solicitou alguna facilidade para realizar o pago
desta actividade, se alguén máis o precisase, póndevos en contacto con nós.
Song&Games (Activa): Actividade dirixida ós máis pequeños, donde
se irán familiarizando co inglés de forma divertida mediante xogos simples e
cancións, irán acostumando o seu oído ó idioma, facilitando así a súa
aprendizaxe.
Fotografía dixital (Activa):
A actividade ten como obxectivo incentivar as habilidades de un fotógrafo en
potencia, con coñecementos básicos sobre a fotografía. Aprenderán a manexar a
cámara, a facer composición de imaxes, uso do ZOOM, conceptos de iluminación
básicos, transferir imaxes ó ordenador…
Basket&English: Willie Ladson: Exxogador
de baloncesto profesional (varios anos en EE.UU). Conta con varios anos de
experiencia con esta actividade a nivel Nacional e Internacional. A finalidade
é aprender Inglés sen esforzo, mentres fan deporte xogando ó baloncesto.
Queremos darvos as gracias a todos os que asististes á
reunión, e tamén os monitores que viñero expor as súas actividades
Grazas pola información.
ResponderEliminarNoraboa polo traballo que facedes.
Cales son as actividades para infanti, e en que días?
ResponderEliminarLas actividades de infantil son Multideportes (Martes) y Storytelling y Song&Games (miércoles). Un saludo. ANPA "A Xanela"
ResponderEliminar