miércoles, 28 de octubre de 2015

Xoguetes






Dende a ANPA “A Xanela” do Ceip  Plurilingüe de Seixalbo, contando coa colaboración do centro,  propómosvos unha iniciativa: invitámosvos a traer xoguetes que non utilicen os vosos fillos e que consideredes que están en bo estado para que poidan ser aproveitados polos nenos do colexio nos momentos de ocio. Moitas veces, temos xoguetes na casa sen darlle uso e esquecidos. Deste  xeito, podémoslle sacar partido utilizándoos no colexio con fins educativos. A recollida faguerase de 14 a 14:15, de 15 a 16 e de 16 a 17:15 na Secretaria do Centro.
Grazas pola vosa colaboración.


A Directiva da ANPA “ A Xanela”.

lunes, 5 de octubre de 2015

ACTIVIDADES 2015-2016

Deixámosvos unha breve explicación das actividades deste ano para os que non puidestes asistir a reunión:

Pintura (Belén): Licenciada en Historia con cursos de Arte na Escola Faílde. Profesora de pintura neste centro en anos anteriores con moi boa acollida.

   Inglés creativo: Rita: Diplomada en maxisterio, premio extraordinario de carreira, conta con numerosos cursos e formación relacionada coa relaxación, concentración, e técnicas de estudo. Leva varios anos desenrolando esta actividade noutros centros, de forma exitosa. Este ano seguirá as mesmas pautas pero engadindo o inglés a esta actividade

  Multideportes e futbol sala: Camilo/Diego: Ourense Club de Futbol, desenrolan actividades para nenos máis pequenos con traballos de psicomotricidade nos que sempre prima que os nenos se divirtan, o mesmo ocorre co futbol, non se busca unha profesionalidade, se non que os nenos o pasen ben, mentres practican deporte aprendendo a divertirse e traballar en equipo.

  Artattack (Activa): Manualidades basadas no programa televisivo do mesmo nome, entretido, divertido, desenrolando a psicomotricidade fina e a capacidade creativa dos nenos.

Storytelling (Activa): Dirixida ós nenos máis pequenos do colexio. Cóntanse pequenas historias en inglés, adaptadas ás idades dos nenos, e facendo que comprendan o idioma a través da asociación, da mímica e da entonación das palabras, tal e como se aprende unha lingua materna, de un modo divertido e entretido os nenos van interiorizando o inglés a través de este modo de aprendizaxe.

  Xadrez (Activa): Potencia o desenrolo cognitivo dos nenos facendo que pensen de forma estratéxica facendo que potencien a súa capaciade de concentración, razonamento, planificación, visión espacial… Comezase con movementos moi básicos e vaise avanzando ata rematar unha partida

  Circo&magia (Activa): técnicas e xogos malabares, globoflexia, mimo, maquillaxe de circo… Maxía: Trucos e ilusionismo con cartas, pañuelos, cordas e un largo etc… Que introduce ós nenos nun mundo de fantasía.

  Cociña (Activa): Nesta actividade os nenos aprenderán qué é o que comen, manexarán os alimentos realizando todo o proceso da receta. Familializaranse co entorno da cociña e cos seus utensilios. Ademáis de todo isto, os nenos aprenden destrezas básicas, seguir indicacións, coñecer os ingredientes das comidas, e a educación culinaria desde idades temperás, fomenta os hábitos de comida saudables, e unha actitude de igualdade de xénero.

*Dado que surxiu algún caso no que se nos solicitou alguna facilidade para realizar o pago desta actividade, se alguén máis o precisase,  póndevos en contacto con nós.

Song&Games (Activa): Actividade dirixida ós máis pequeños, donde se irán familiarizando co inglés de forma divertida mediante xogos simples e cancións, irán acostumando o seu oído ó idioma, facilitando así a súa aprendizaxe.

        Fotografía dixital (Activa): A actividade ten como obxectivo incentivar as habilidades de un fotógrafo en potencia, con coñecementos básicos sobre a fotografía. Aprenderán a manexar a cámara, a facer composición de imaxes, uso do ZOOM, conceptos de iluminación básicos, transferir imaxes ó ordenador…

Basket&English:  Willie Ladson: Exxogador de baloncesto profesional (varios anos en EE.UU). Conta con varios anos de experiencia con esta actividade a nivel Nacional e Internacional. A finalidade é aprender Inglés sen esforzo, mentres fan deporte xogando ó baloncesto.


Queremos darvos as gracias a todos os que asististes á reunión, e tamén os monitores que viñero expor as súas actividades