Adxuntamos enlace da noticia sobre a modificación da reválida do 6º curso a cal non vai ter efectos académicos (a proposta anterior si que os tiña).
lunes, 23 de noviembre de 2015
miércoles, 28 de octubre de 2015
Xoguetes
Dende a ANPA “A Xanela” do
Ceip Plurilingüe de Seixalbo, contando coa colaboración do centro,
propómosvos unha iniciativa: invitámosvos a traer xoguetes que non
utilicen os vosos fillos e que consideredes que están en bo estado para que
poidan ser aproveitados polos nenos do colexio nos momentos de ocio. Moitas
veces, temos xoguetes na casa sen darlle uso e esquecidos. Deste xeito,
podémoslle sacar partido utilizándoos no colexio con fins educativos. A
recollida faguerase de 14 a 14:15, de 15 a 16 e de 16 a 17:15 na Secretaria do
Centro.
Grazas pola vosa colaboración.
A Directiva da ANPA “ A Xanela”.
lunes, 5 de octubre de 2015
ACTIVIDADES 2015-2016
Deixámosvos
unha breve explicación das actividades deste ano para os que non puidestes
asistir a reunión:
Pintura (Belén): Licenciada en Historia con cursos de Arte na
Escola Faílde. Profesora de pintura neste centro en anos anteriores con moi boa
acollida.
Inglés creativo: Rita: Diplomada en maxisterio, premio extraordinario de carreira, conta con
numerosos cursos e formación relacionada coa relaxación, concentración, e
técnicas de estudo. Leva varios anos desenrolando esta actividade noutros
centros, de forma exitosa. Este ano seguirá as mesmas pautas pero
engadindo o inglés a esta actividade
Multideportes e futbol sala: Camilo/Diego: Ourense Club de Futbol, desenrolan actividades
para nenos máis pequenos con traballos de psicomotricidade nos que sempre prima
que os nenos se divirtan, o mesmo ocorre co futbol, non se busca unha
profesionalidade, se non que os nenos o pasen ben, mentres practican deporte
aprendendo a divertirse e traballar en equipo.
Artattack (Activa): Manualidades basadas no programa televisivo
do mesmo nome, entretido, divertido, desenrolando a psicomotricidade fina e a
capacidade creativa dos nenos.
Storytelling (Activa): Dirixida ós nenos máis pequenos do colexio.
Cóntanse pequenas historias en inglés, adaptadas ás idades dos nenos, e facendo
que comprendan o idioma a través da asociación, da mímica e da entonación das
palabras, tal e como se aprende unha lingua materna, de un modo divertido e
entretido os nenos van interiorizando o inglés a través de este modo de aprendizaxe.
Xadrez (Activa): Potencia
o desenrolo cognitivo dos nenos facendo que pensen de forma estratéxica facendo
que potencien a súa capaciade de concentración, razonamento, planificación,
visión espacial… Comezase con movementos moi básicos e vaise avanzando ata
rematar unha partida
Circo&magia (Activa): técnicas e xogos malabares, globoflexia,
mimo, maquillaxe de circo… Maxía: Trucos e ilusionismo con cartas, pañuelos,
cordas e un largo etc… Que introduce ós nenos nun mundo de fantasía.
Cociña (Activa): Nesta actividade os nenos aprenderán qué é o
que comen, manexarán os alimentos realizando todo o proceso da receta.
Familializaranse co entorno da cociña e cos seus utensilios. Ademáis de todo
isto, os nenos aprenden destrezas básicas, seguir indicacións, coñecer os
ingredientes das comidas, e a educación culinaria desde idades temperás,
fomenta os hábitos de comida saudables, e unha actitude de igualdade de xénero.
*Dado que
surxiu algún caso no que se nos solicitou alguna facilidade para realizar o pago
desta actividade, se alguén máis o precisase, póndevos en contacto con nós.
Song&Games (Activa): Actividade dirixida ós máis pequeños, donde
se irán familiarizando co inglés de forma divertida mediante xogos simples e
cancións, irán acostumando o seu oído ó idioma, facilitando así a súa
aprendizaxe.
Fotografía dixital (Activa):
A actividade ten como obxectivo incentivar as habilidades de un fotógrafo en
potencia, con coñecementos básicos sobre a fotografía. Aprenderán a manexar a
cámara, a facer composición de imaxes, uso do ZOOM, conceptos de iluminación
básicos, transferir imaxes ó ordenador…
Basket&English: Willie Ladson: Exxogador
de baloncesto profesional (varios anos en EE.UU). Conta con varios anos de
experiencia con esta actividade a nivel Nacional e Internacional. A finalidade
é aprender Inglés sen esforzo, mentres fan deporte xogando ó baloncesto.
Queremos darvos as gracias a todos os que asististes á
reunión, e tamén os monitores que viñero expor as súas actividades
lunes, 28 de septiembre de 2015
INFORMACION
Fixéstesnos chegar unha consulta acerca da comisión
que se cobra nas oficinas de ABANCA ó intentar facer o ingreso da cuota e
as actividades da ANPA en efectivo.
Dende aquí queremos informarvos de que realizando o
ingreso dende os caixeiros habilitados para este fin desta mesma entidade
bancaria podemos evitar ese sobrecoste. Os caixeiros que nós temos localizados
dende os que se poden facer ingresos están situados las rúas:
-Paseo
-Juan XXIII
E tamén:
-No polígono de San Cibrao das Viñas
Por outra parte se realizan unha transferencia dentro
da mesma entidade bancaria (ABANCA) Tampouco se cobrará comisión. As transferencias
dende outras entidades cobraranse ou non según as condicións particulares que
teña cada un co seu banco.
miércoles, 2 de septiembre de 2015
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 2015-2016
Adxuntamos enlace do Portal da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Unviersitaria da Xunta para informarvos das axudas para o material
escolar que se poderá solicitar dende o día de hoxe.
jueves, 9 de julio de 2015
CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2015-2016
Tendo en conta a Orde do 8 de Xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015-2016, informámosvos dalgunhas datas que poden ser do voso interese:
Comenzo do curso: 10 de Setembro de 2015
Remate do curso: 22 de Xuño de 2016
Periodo de vacacións:
Comenzo do curso: 10 de Setembro de 2015
Remate do curso: 22 de Xuño de 2016
Periodo de vacacións:
- Nadal: Desde o dia 21 de Decembro de 2015 ata o 6 de Xaneiro de 2016 ambos inclusive.
- Entroido: Días 8,9 e 10 de Febreiro de 2016.
- Semana Santa: Desde o día 21 ata 28 de Marzo de 2016, ambos inclusive.
- Día do Ensino: 30 de octubro de 2015
miércoles, 8 de julio de 2015
ACCESO O CENTRO
Logo de moito insistir na
necesidade do cambio da porta principal polo perigoso que era para a
seguridade xa que non podia entrar o camión dos bombeiros, co risco que iso supuña, e despóis de comunicarllo ás autoridades competentes en varias
reunións, á fin, vense cambios.
martes, 30 de junio de 2015
LIBROS DE TEXTO CEIP SEIXALBO 2015-2016
Estimados
pais e nais,
lunes, 29 de junio de 2015
MARCELLE, UN DÍA FANTÁSTICO
Esperamos que para vós, fose un día tan especial como
o foi para nós, que o pasarades ben, que vos resultase ameno, que os nenos
fosen contentos e de paso aprenderan cousas sobre os animáis e a natureza.
Houbo tempo para todo, convivir, xogar, aprender... ata os adultos tivemos que
xogar, e de seguro algunha cousa nova aprendemos tamén.
Dámosvos as gracias por asistir, e o ano que ven,
máis, e igual, ¡ou mellor!
Tamén queremos darlles as gracias ós monitores, o dos
adultos (qué paciencia con nós) o dos nenos, ós que nos serviron a comida, a
todos en xeral, xente simpática e amable.
Tamén queremos agradecer ó Concello de San Cibrao a
colaboración que fixo poñéndonos os autobuses para todos os asistentes.
Deixámosvos algunhas fotos deste día, iremos subindo
máis.
jueves, 18 de junio de 2015
EXCURSIÓN A MARCELLE
Hoxe venres, remata o plazo de inscrición para a
excursión que realizaremos o próximo día 28 de xuño ó Parque Zoolóxico
Marcelle Natureza.
Estamos seguros de que será un día moi especial para
os nosos nenos, disfrutando da natureza, dos animáis, aprendendo, convivindo,
xogando... Un día diferente.
Esperámosvos
martes, 17 de marzo de 2015
Carta enviada ós medios de comunicación
ANPE, la razón personal
y la culpa colectiva
La directiva de la ANPA “A
Xanela” del CEIP de Seixalbo quiere mostrar su estupefacción por la actitud de
la Administración Educativa y del sindicato ANPE ante el escrito de denuncia contra
una profesora por parte de todos los padres de alumnos a los que dá clase,
poniendo de manifiesto su comportamiento anómalo.
Apoyamos a los padres y
comprendemos su indignación por no obtener respuesta de Educación y enterarse
por la prensa de que “le pautaron un nuevo método de trabajo” a la citada
profesora. Curiosamente, está de baja desde el mismo momento que los padres
presentaron el escrito dando cuenta de su comportamiento antipedagógico. A los
padres y a sus representantes nos gustaría conocer los motivos de la pasividad
de la dirección del centro y de Educación ya que ni siquiera ha sido reunido e
informado el consello escolar del centro, órgano que legalmente dispone de la
facultad de mediar en los conflictos generados en el centro. Además, siendo
conscientes como son de que con esta profesora llueve sobre mojado, pues ha
tenido similares problemas en anteriores destinos.
En cuanto a la defensa que el sindicato ANPE hace de esta
profesora en los medios , atribuyendo la raíz del conflicto a los niños, porque
“es un aula compleja”, “porque no se le
pusieron los apoyos necesarios”, al “mal ambiente del centro”, a que “hay dos
ANPAS en el colegio”, a la “presión de los padres”… Sólo les ha faltado añadir
la humedad del invierno y el efecto de la ley de la gravedad para que la
confabulación abarcase el universo. Deberían saber los sindicalistas de ANPE
que cuando todo el mundo se equivoca o lo hace mal y sólo su profesora tiene razón, esta persona tiene un problema.
La realidad verdadera es que
los niños son víctimas y no causantes, porque el CEIP de Seixalbo es un colegio
que cuenta con grandes profesionales, salvo excepciones . Por tanto, autoridades
y sindicatos deben dejarse de monsergas para tratar de desviar arteramente la
atención del foco del conflicto que reside única y exclusivamente en la actitud
y comportamiento de una persona.
Junta directiva de la ANPA A Xanela del CEIP de Seixalbo
viernes, 13 de marzo de 2015
GAÑADOR DA CESTA
Dámosvos as gracias a todos os que nos
axudastes comprando as rifas, e tamén vendéndoas.
Aquí temos ó
gañador da cesta.
Esperamos que
a disfrutases Jonathan.
Tamén agradecer a ACEITES ABRIL e DIMAFER a súa
colaboración.
sábado, 14 de febrero de 2015
Cesta do Entroido
A rifa gañadora da cesta de entroido que
sortexamos, é o número:
247
O gañador pode porse en contacto con nós para recoller a súa cesta.
sábado, 17 de enero de 2015
Multideporte e Fútbol Sala
O día 18 de Decembro os nenos e nenas de Multideporte e Fútbol sala
estiveron convidados pola Escola de Fútbol da Ponte a disfrutar duns inchables
e diversas actividades
¡Pasárono
xenial!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)