sábado, 27 de septiembre de 2014

Gracias

Dende a Xunta directiva queremos darvo-las gracias por asistir á reunión do xoves.

Tamén queremos agradecerlles ós monitores responsables das actividades que viñesen a presentalas persoalmente. 

Para os que non puidestes asistir, facemos un pequeno resumo:

Teatro e pintura: Belén: Licenciada en Historia con cursos de Arte na Escola Faílde. Profesora de pintura neste centro en anos anteriores con moi boa acollida. Conta tamén con máis de 10 anos de experiencia en grupos de teatro.

ConcentrArte: Rita: Diplomada en maxisterio, premio extraordinario de carreira, conta con numerosos cursos e formación relacionada coa relaxación, concentración, e técnicas de estudo. Leva varios anos desenrolando esta actividade noutros centros, de forma exitosa.

Basket & English: Willie Ladson: Exxogador de baloncesto profesional. Conta con varios anos de experiencia con esta actividade a nivel Nacional e Internacional. A finalidade é aprender Inglés sen esforzo, mentres fan deporte xogando ó baloncesto.

Multideportes e futbol sala: Camilo/Diego: Ourense Club de Futbol, desenrolan actividades para nenos máis pequenos con traballos de psicomotricidade nos que sempre prima que os nenos se divirtan, o mesmo ocorre co futbol, non se busca unha profesionalidade, se non que os nenos o pasen ben, mentres practican deporte.

Baloncesto ABO (Asociación Basket Ourense): Conta con un convenio co Clube Ourense Baloncesto (COB). Sempre prima a diversión dos nenos, aprendendo a valorar o traballo en equipo.


Tamén vos informamos de que en breve incorporaremos a lista de Empresas e establecementos colaboradores coa ANPA nos cales se ofrecen descontos  para os asociados.

Carnet co cal os socios se beneficiarán dos descontos:



martes, 9 de septiembre de 2014

¡Volta ó cole!


Dende a ANPA "A Xanela" queremos darvos a benvida a todos ó novo curso escolar.

Pronto vos informaremos de novidades que estamos a preparar para este ano lectivo 2014/2015.

Seguimos á vosa disposición no teléfono e no correo electrónico que aparecen na cabeceira do blog, para calquera cousa que precisedes ou dúbida.
.