domingo, 9 de noviembre de 2014

O partido

Os nenos disfrutaron do partido do COB


 Participaron en xogos nos descansos, e recibiron premio                           



 E incluso algún papá veu con un regaliño para a casa.

Fixeron o pasillo ós xogadores ó sairen ó campo, os pequeños ¡estaban nerviosos!








 Voltaban felices!

Todos recibiron a súa camiseta do COB, e os papás tamén...

E… O premio para o mellor disfrace de HALLOWEEN de adulto, que se sorteaba entre todos os asistentes ó partido, foi… Para uns papás do noso cole ¡Noraboa!


Gracias ó COB por esta invitación para os nenos de Seixalbo, ¡pasárono moi ben!

miércoles, 29 de octubre de 2014

O COB no colexio




Hoxe foi un día diferente para os nenos, agardamos que lles agradase a todos eles a visita do COB.





Queremos recordarvos que todos os nenos do centro están invitados ó partido oficial do venres que se celebrará no Paco Paz. 

Todos os nenos que vaian o venres deben estar alí ás 8.30, esperaranos ó lado das taquillas e acceso a prensa. 



 Desde o COB dinnos que se algún neno esquece a nota, e non a leva ó cole, non hai problema, poden acudir igualmente. Sí é importante a puntualidade para facer todo o que nos teñen programado.

Poden ir disfrazados de Halloween... Hai regalo para o mellor disfraz ¡Será divertido!


Deixámosvos este vídeo que o COB colgou na súa páxina web 




Fotos da páxina do COB

martes, 28 de octubre de 2014

Visita do COB

Mañá mércores, algúns xogadores do Clube Ourense Baloncesto (COB) achegaranse ó noso colexio xunto coa súa mascota, á hora do recreo para pasar un rato con todos os nenos, xogando ó baloncesto e, para convidalos ó partido deste venres.

Dámoslles as gracias por poñerse en contacto con nós, e facerlles pasar ós nenos un día diferente con esta actividade.


*Aínda que o cartel pon 49 nenos, non hai inconvinte ningún se son máis.

miércoles, 8 de octubre de 2014

Folla de inscrición

Adxuntámosvos a folla de inscrición desta ANPA

En breve porémonos en contacto con vós, para facervos a entrega dos carnets de socio ás persoas xa inscritas.

Para calquera consulta, estamos á vosa disposición.


sábado, 27 de septiembre de 2014

Gracias

Dende a Xunta directiva queremos darvo-las gracias por asistir á reunión do xoves.

Tamén queremos agradecerlles ós monitores responsables das actividades que viñesen a presentalas persoalmente. 

Para os que non puidestes asistir, facemos un pequeno resumo:

Teatro e pintura: Belén: Licenciada en Historia con cursos de Arte na Escola Faílde. Profesora de pintura neste centro en anos anteriores con moi boa acollida. Conta tamén con máis de 10 anos de experiencia en grupos de teatro.

ConcentrArte: Rita: Diplomada en maxisterio, premio extraordinario de carreira, conta con numerosos cursos e formación relacionada coa relaxación, concentración, e técnicas de estudo. Leva varios anos desenrolando esta actividade noutros centros, de forma exitosa.

Basket & English: Willie Ladson: Exxogador de baloncesto profesional. Conta con varios anos de experiencia con esta actividade a nivel Nacional e Internacional. A finalidade é aprender Inglés sen esforzo, mentres fan deporte xogando ó baloncesto.

Multideportes e futbol sala: Camilo/Diego: Ourense Club de Futbol, desenrolan actividades para nenos máis pequenos con traballos de psicomotricidade nos que sempre prima que os nenos se divirtan, o mesmo ocorre co futbol, non se busca unha profesionalidade, se non que os nenos o pasen ben, mentres practican deporte.

Baloncesto ABO (Asociación Basket Ourense): Conta con un convenio co Clube Ourense Baloncesto (COB). Sempre prima a diversión dos nenos, aprendendo a valorar o traballo en equipo.


Tamén vos informamos de que en breve incorporaremos a lista de Empresas e establecementos colaboradores coa ANPA nos cales se ofrecen descontos  para os asociados.

Carnet co cal os socios se beneficiarán dos descontos:



martes, 9 de septiembre de 2014

¡Volta ó cole!


Dende a ANPA "A Xanela" queremos darvos a benvida a todos ó novo curso escolar.

Pronto vos informaremos de novidades que estamos a preparar para este ano lectivo 2014/2015.

Seguimos á vosa disposición no teléfono e no correo electrónico que aparecen na cabeceira do blog, para calquera cousa que precisedes ou dúbida.
.

jueves, 12 de junio de 2014

¡¡¡BENVIDOS AO NOSO BLOG!!!


Creamos este espazo para mantervos informados das actividades, actuacións e novidades que vos afecten directamente como pais e para resolver dúbidas que dun xeito ou doutro afecten de forma conxunta a TODOS os pais.

Somos un grupo de pais/nais animados a exercer os dereitos e deberes que temos na educación dos nosos fillos  e decidimos crear esta ANPA “ A Xanela” coa finalidade de traballar e esixir ( con respecto) o benestar dos nosos nenos.

Aquí deixamos as 10 razóns para pertencer a ela: