jueves, 18 de enero de 2018

Comedor e menús

Suponse que un menú escolar debe ser equilibrado, tanto en hidratos de carbono (pastas, patatas, arroz...) verduras e proteínas (carnes, pescado...)
Vimos vendo unha e outra vez, que desde que comezou o curso escolar en setembro, os menús ó noso entender non son os máis adecuados

Por exemplo este menú de Xaneiro:

A segunda semana SOPA-EMPANADA DE CARNE-FROITA: Donde está a parte das verduras?

Na mesma semana, o mércores CALDO GALEGO-PEIXE REBOZADO CON ENSALADA - LÁCTEO, e casualidad, o xoves CREMA DE CALABAZA, MUSLOS DE POLO CON ENSALADA (Outra vez)- LÁCTEO (outra vez)... Non estamos en verán para poñer tanta ensalada. E onde están os hidratos de carbono o xoves?

Seguimos na mesma semana, venres: CROQUETAS, CALAMARES - LASAÑA- FROITA... Menú super equilibrado a todas luces. 

Isto nunha soa semana, así poderíamos seguir unha semana tras outra, so mirando por encima a cuarta semana de Xaneiro, 3 días ensalada de acompañamento. Parece que hai nostalxia do verán con tanta ensalada

Na terceira semana de Xaneiro, o venres, podedes ver, que hai SOPA E PIZZA... Cal é a nosa sorpresa, cando os nenos nos contan, que non lles deixan recoller o plato da sopa, e teñen que comer a pizza por enriba dese plato, cos restos da sopa, se os nenos queren pousar a pizza, ou a poñen ahí, ou no mantel... Que menos que cambiar os platos como se facía fai 2 anos, e como ven sendo o normal 


Isto é só unha pequena parte de como funciona o comedor do centro ¿Qué vos parece?... O mellor será que estamos nós confundidos, e isto é o normal...

viernes, 17 de febrero de 2017

ENTROIDO



Este ano os nenos vivirán un entroido diferente. Será unha experiencia nova para eles.

¡Esperamos que o disfruten moito!



miércoles, 28 de septiembre de 2016

Estimados soci@s,

Lembramosvos a todos que mañá día 29 de setembro, celebraremos a Asamblea Ordinaria no salón de actos do Centro ás 19:00 en primeira convocatoria,  e ás 19:30 en segunda convocatoria. 

Esperámosvos a todos!.

martes, 5 de julio de 2016

VALES DE LIBROS PARA 1º E 2º E VALES PARA MATERIAL ESCOLAR

Estimados pais e nais,

Xa están dispoñibles os vales para adquisición de libros de texto para 1º e 2º de Primaria. Tamén están disponibles os vales para adquisición de material escolar para todos os cursos.

Poderanse recoller ata o venres dia 8 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 na secretaria do Centro.


LIBROS DE TEXTO CEIP SEIXALBO 2016-2017

Estimados pais e nais,


Adxuntamos link do listado dos libros de texto proporcionados pola Dirección do Centro de cara o curso 2016-2017.

Libros de texto